O BNG critica que a Xunta abandone a rehabilitación do Casco Histórico

“Que a Xunta compre casas para apuntalalas é un paso decidido á rehabilitación do Casco Histórico” ironizou o voceiro nacionalista.A paralización da gasolineira é unha victoria veciñal

O BNG critica que a Xunta abandone a rehabilitación do Casco Histórico

“Que a Xunta compre casas para apuntalalas é un paso decidido á rehabilitación do Casco Histórico” ironizou o voceiro nacionalista. A paralización da gasolineira é unha victoria veciñal

Betanzos, 29 de outubro de 2011. O BNG criticou por “raquítica” e “claramente insuficiente” a partida de algo máis de 3000 euros para a rehabilitación do Casco Histórico de Betanzos que a Xunta incluíu nos seus ornamentos para 2012. O portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, dubidou de que “a cantidade chegue seguera para o apuntalamento das casas que ven de anunciar o goberno de Feijóo”.

“Que a Xunta compre casas para apuntalalas é un paso decidido á rehabilitación do Casco Histórico” ironizou o voceiro nacionalista. Del Río acusou ao PP de utilizar a Xunta para facer campaña nas municipais anunciando un investimento millonario. Neste sentido, indica que “o tal investimento vese ridículo” e que “a Xunta non pensa facer nada no Casco Histórico”.

Os nacionalistas presentarán enmendas aos orzamentos da Xunta para incrementar esta partida para tentar forzar ao goberno galego a implicarse na rehabilitación do Casco Histórico. “Agora que adquiriron as casas non ten lóxica que as deixen no mesmo estado en que estaban”.

A paralización da gasolineira é unha victoria veciñal

O BNG acolleu “expectante” o anuncio do goberno local de paralizar a apertura da gasolineira a carón do colexio. Para Del Río, o anuncio responde a “unha victoria veciñal e da comunidade escolar”, que demostraron “o rexeitamento practicamente unánime da cidade” á apertura dunha estación de servizo a carón do colexio.