O BNG de Betanzos amosou a preocupación por unha escavación a carón da fonte das Catro Estacións

Xosé Regueira, Mercedes Queixas e Amelia Sánchez no Pasatempo
Xosé Regueira, Mercedes Queixas e Amelia Sánchez a carón da fonte das Catro Estacións

A voceira do BNG, Amelia Sánchez, lembra que a contorna da fonte está protexida pola declaración de BIC e son necesarios permisos arqueolóxicos e patrimoniais para efectuar traballos desta índole.

O BNG de Betanzos amosou a preocupación por unha escavación a carón da fonte das Catro Estacións

Betanzos, 23 de decembro de 2020. O BNG de Betanzos amosou a preocupación por un escavación que se está levando a cabo a carón da fonte das Catro Estacións, parte do BIC do Parque do Pasatempo. Segundo denunciou a voceira do BNG na ultima sesión plenaria, nos días pasados iniciáronse uns traballos nas inmediacións da fonte das Catro Estacións, que pertence ao Ben de Interese Cultural do Pasatempo. “Este entorno está suxeito a restricións polas cautelas arqueolóxicas que a declaración de BIC contén para garantía, entre outros, do Estanque dos Papas, sepultado precisamente nesta zona”, explicou Amelia Sánchez, portavoz do BNG. “Non obstante, están a se desenvolver traballos con escavadora, remoción de terras e apertura de zanxas practicamente a carón do vaso da fonte”.

Desde o BNG preguntaron ao goberno cal é finalidade destes traballos e se compren con todas as garantías arqueolóxicas e patrimoniais. Na mesma liña solicitaron as copias das autorizacións da Dirección Xeral de Patrimonio para levalos adiante. “É preocupante porque ademais non sabemos de que obra se trata e non entendemos porque non se comezaron as obras de consolidación do estanque do Retiro, despois de asinado o convenio coa Deputación da Coruña, nin outras obras urxentes que entendemos que son prioritarias para o mantemento do Parque.

Concretamente a fonte das Catro Estacións está nunha situación de conservación lamentábel cunha brida de plástico que aguanta as cabezas da estatua para que non caian e mentres se intervén en cousas que non teñen esa urxencia e das que non se informa á veciñanza nin aos grupos da oposición”, engadiu. “O Patrimonio é a oportunidade de futuro de Betanzos e pensamos que o goberno local non está prestándolle a atención que merece”, concluíu.

O BNG de Betanzos amosou a preocupación por unha escavación a carón da fonte das Catro Estacións