O BNG-Asembleas abertas votará por si mesmo no Pleno de investidura

O BNG-Asembleas abertas votará por si mesmo no Pleno de investidura

BNG-AAazul“Agradecemos o seu apoio ás 641 veciñas e veciños que confiaron en nós e traballaremos para forzar políticas de cambio e de esquerdas, coherentes co programa que o BNG-Asembleas abertas presentou ás eleccións”

“Como xa anunciamos na campaña electoral non imos apoiar a investidura de ningún dos partidos do sistema, PSOE e PP, as dúas caras das mesmas políticas que gobernan de costas á maioría da veciñanza”

Betanzos, 12 de xuño de 2015. O BNG-Asembleas abertas decidiu nunha asemblea aberta celebrada na noite de onte que presentará ao seu candidato, Henrique del Río, como candidato á alcaldía e que votará por sí mesmo no Pleno de investidura que se celebrará mañá. A asemblea aberta, na que participaron varias decenas de persoas, adoptou este acordo por unanimidade.

“Como xa anunciamos na campaña electoral non imos apoiar a investidura de ningún dos partidos do sistema, PSOE e PP, as dúas caras das mesmas políticas que gobernan de costas á maioría da veciñanza”, explicou Del Río. “O BNG-Asembleas abertas non vai apoiar as políticas de recortes do Partido Popular nin de quen fixo durante catro anos as mesmas políticas que o Partido Popular”, abundou.

Traballaremos para forzar políticas de cambio e de esquerdas, coherentes co programa que o BNG-Asembleas abertas presentou ás eleccións

Na asemblea aberta tamén se valoraron os resultados das eleccións municipais do pasado mes de maio como “malos sen paliativos”. “Agradecemos o seu apoio ás 641 veciñas e veciños que confiaron en nós”, asegurou o voceiro nacionalista. “Traballaremos para forzar políticas de cambio e de esquerdas, coherentes co programa que o BNG-Asembleas abertas presentou ás eleccións”, engadiu. O BNG-Asembleas abertas fixo onte autocrítica e comprometeuse a modificar o que sexa necesario para recuperar a confianza dos betanceiros e betanceiras.

Aceptamos con humildade o resultados e traballaremos para ser útiles á veciñanza, que é a quen nos debemos

A asemblea aberta do BNG valorou como a principal causa da perda de votos a división dentro do ámbito da esquerda nacionalista. “Está claro que a división de votos dentro do ámbito da esquerda e do nacionalismo é malo para Betanzos e para o País e ao igual que levamos facendo desde a precampaña coas asembleas abertas, insistimos na necesidade de chegar a acordos desde as bases para darlle á xente unha alternativa fronte ao PP e o PSOE, e niso imos centrar os nosos esforzos”, concluíu o voceiro nacionalista.

“Aceptamos con humildade o resultados e traballaremos para ser útiles á veciñanza, que é a quen nos debemos”, engadiu o voceiro nacionalista. Nese sentido, explicou que “estamos polo labor de chegar a acordos puntuais, pero sempre publicamente e para mellorar a vida da veciñanza”.

O BNG-Asembleas abertas votará por si mesmo no Pleno de investidura