O BNG-Asembleas Abertas apartouse da contratación das orquestras na mesa desta mañá

Captura de pantalla do web anunciando as orquestras que aínda non están contratadas
O BNG-Asembleas Abertas apartouse da contratación das orquestras na mesa desta mañá

Captura de pantalla do web anunciando as orquestras que aínda non están contratadas

“O goberno non foi capaz de dar unha explicación coherente ante o feito de que aparecese nun web publicado o adxudicatario antes mesmo de que se abrisen as ofertas”

“Agardamos que este tipo de acordos non rematen cunha investigación xudicial no Concello e cunha demanda con consecuencias económicas que, unha vez máis, pagaremos a veciñanza a costa dos nosos servizos”

Betanzos, 29 de xullo de 2015. O BNG-Asembleas Abertas informou que esta mañá na mesa de contratación viuse obrigado a apartarse da proposta para resolver o contrato das orquestras para o San Roque. “O goberno non foi capaz de dar unha explicación coherente ante o feito de que aparecese nun web publicado o adxudicatario antes mesmo de que se abrisen as ofertas”, explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“O alcalde reduce todo a un mal entendido das empresas e sostén que é o mesmo caso que cando hai anos se anunciara o concerto dos Celtas Cortos e o Concello obrigara a rectificar aquela información”, explica. “O que non entendemos neste caso é por que non se exixiu unha rectificación ao web que publica a contratación das orquestras agora”, engade Del Río.

O goberno non foi capaz de dar unha explicación coherente ante o feito de que aparecese nun web publicado o adxudicatario antes mesmo de que se abrisen as ofertas

“Hoxe nese mesmo web publican outra orquestra como pechada a pesar de que aínda o contrato non está adxudicado”, denuncia. “Casualmente ambas do mesmo representante que foi proposto pola mesa e que se anunciaba como adxudicatario nese portal de internet desde antes de abrir as ofertas do concurso”, explican desde o BNG-Asembleas Abertas” . “Non podemos avalar coa nosa sinatura este tipo de actuacións que crean entre a veciñanza a sensación de que todas as forzas que estamos no Concello somos iguais”, sostén Del Río.

“Agardamos que este tipo de acordos á marxe do procedemento con orquestras do que falaba onte o alcalde no Pleno non rematen cunha investigación xudicial no Concello e cunha demanda con consecuencias económicas que, unha vez máis, pagaremos a veciñanza a costa dos nosos servizos”, indican desde o BNG-Asembleas Abertas.

“Semella que o goberno local esquece que os cartos cos que vai pagar esta contrata son cartos públicos e que por iso a forma en que se administran ten que estar fóra de toda dúbida”, engade o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

O BNG-Asembleas Abertas apartouse da contratación das orquestras na mesa desta mañá