O BNG PRESENTARÁ UNHA ALEGACIÓN PEDINDO QUE NON SE INCLÚA A COROA DOS BORBÓNS NO ESCUDO DE BETANZOS

O BNG alegará contra a coroa dos Borbóns no escudo do Concello

Sánchez afirmou que sería máis apropiado “tanto polo respecto á tradición histórica como á pluralidade da sociedade betanceira, e mais no momento que vivimos despois de que o Rei emérito marchase do Estado polos indicios de graves delitos fiscais, que se repensara esta proposta”.

O BNG alegará contra a coroa dos Borbóns no escudo do Concello

Betanzos, 5 de agosto de 2020. O BNG de Betanzos presentará unha alegación contra o novo escudo do Concello, en que se pretende incluír a coroa borbónica. Logo da aprobación no pleno do mes de xullo, co apoio do PP e o PSOE, de incluír no escudo a coroa dos Borbóns e tendo en conta as últimas informacións sobre o anterior Xefe do Estado e sobre a Coroa, o BNG betanceiro considera totalmente inapropiado este xesto de apoio aos Borbóns.

Segundo afirmou a voceira nacionalista, Amelia Sánchez, “os indicios delituosos nas actuacións do xefe da Casa Real fan que non sexa a opción máis acaída para o escudo municipal aquela que presta apoio simbólico ao xeito de actuar dos Borbóns”.

Por outra banda, a imaxe tradicional do escudo betanceiro aparece sen coroa ningunha até o século XVIII, como recoñece no seu estudo o historiador e arquiveiro municipal. Boa mostra deste feito atopámola nos escudos que podemos achar en lugares tan simbólicos como a Porta da Vila, a Casa Consistorial ou a torre do reloxo.

Sánchez afirmou que sería máis apropiado “tanto polo respecto á tradición histórica como á pluralidade da sociedade betanceira, e mais no momento que vivimos despois de que o Rei emérito marchase do Estado polos indicios de graves delitos fiscais, que se repensara esta proposta”. Por este motivo presentará unha alegación contra a decisión do pleno no momento en que a resolución se publicar no BOP. Así mesmo, anima ás betanceiras a que se unan a esta alegación 

O BNG alegará contra a coroa dos Borbóns no escudo do Concello