O BNG advirte que o PSOE pretende privatizar o servizo municipal de obras

O BNG advirte que o PSOE pretende privatizar o servizo municipal de obras

Henrique del Río é o portavoz municipal do BNG

“Este acordo segue a liña de privatizar os servizos municipais que o PSOE xa fixo ao contratar o coidado das zonas verdes por seis meses hai unhas semanas”.

“Tamén está privatizado o cemiterio, cunha empresa que fai os enterramentos sen ningún contrato á que o PSOE paga en base a facturas mensuais, como no seu día o PSOE criticaba ao PP”.

Betanzos, 2 de marzo de 2015. O BNG criticou que o goberno local iniciase os trámites para privatizar o servizo municipal de Obras na xunta de goberno do pasado 29 de xaneiro. “A acta da xunta de goberno recolle que o PSOE decidiu ‘encargar un estudo de viabilidade da contratación externa do mantemento das obras e servizos de competencia municipal?”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Desde o BNG denuncian que “o goberno do PSOE tiña parcialmente privatizado este servizo, dándolle contratos a dedo ás empresas privadas que lles petou”. Insisten, ademais, en que “no orzamento de 2014, que sigue en vigor, non hai cartos para este tipo de contratas porque o PSOE fixo un documento irreal”.

Os nacionalistas denuncian, ademais, que “antes de que o PP sacase en 2012 a normativa que impide contratar persoal aos Concellos, o PSOE xa daba contratiños a dedo ás empresas que lles petaba en lugar de cubrir baixas no servizo de obras”. “O PSOE segue unha liña calcada á do PP, destrúe emprego público e privatiza”, explica o edil nacionalista.

“Temos pedido unha relación completa de todos os traballos de obras encargados polo PSOE á empresa privada en 2014 para saber a canto ascende o custo da privatización encuberta deste servizo”, explica Del Río. “A lei di que o goberno local ten 5 días para darnos a documentación, que neste caso é un extracto dunha base de datos, e sen embargo seguimos agardando por ela co prazo máis que vencido”, engade. “Iso si, o PSOE logo alardea de transparencia e respóndelle ao Valedor do Pobo que pedimos a documentación para entorpecer o traballo que non fai”, ironiza.

Este acordo segue a liña de privatizar os servizos municipais que o PSOE xa fixo ao contratar o coidado das zonas verdes por seis meses hai unhas semanas

“Este acordo segue a liña de privatizar os servizos municipais que o PSOE xa fixo ao contratar o coidado das zonas verdes por seis meses hai unhas semanas”, recorda o edil nacionalista. “Tamén está privatizado o cemiterio, cunha empresa que fai os enterramentos sen ningún contrato á que o PSOE paga en base a facturas mensuais, como no seu día o PSOE criticaba ao PP”, engade. “Semella que para o PSOE as privatizacións son malas cando as fai o PP, pero son boísimas cando as fan eles”, ironizou.

Ademais, segundo os nacionalistas “empezar os trámites para privatizar o servizo de obras a tres meses de saír do goberno é de todo menos ético”. “Se en catro anos non lle levou idea facer isto, no tempo de desconto é unha indecencia pretender condicionar así ao goberno que entre en maio”, advertiu o nacionalista.

O BNG advirte que o PSOE pretende privatizar o servizo municipal de obras