O BNG achegará a práctica deportiva a todos os barrios

Os nacionalistas apostan por introducir descontos nas cotas das instalacións municipais para os parados e a xente con menos recursos.

O BNG achegará a práctica deportiva a todos os barrios

Os nacionalistas apostan por introducir descontos nas cotas das instalacións municipais para os parados e a xente con menos recursos.

Betanzos, 15 de maio de 2011. O BNG dotará a todos os barrios e parroquias de Betanzos de instalacións deportivas. Xosé Vales, número dous da candidatura nacionalista, indicou que ademais o BNG impulsará o deporte escolar para inculcar aos nenos e nenas a práctica deportiva. Vales indicou que ademais o BNG contempla a organización de eventos deportivos con carácter lúdico para achegar o deporte en xeral e as disciplinas menos coñecidas ao conxunto da poboación.

O programa de goberno dos nacionalistas contempla tamén o impulso á práctica de deportes tradicionais e a creación de emprego arredor do deporte. O BNG tamén quere constituír unha bolsa de patrocinios para os clubes de Betanzos e unhas bolsas específicas para os deportistas destacados.

Vales explicou que o goberno do BNG mellorará as prestacións da piscina e o complexo deportivo municipal do Carregal. Neste sentido, o programa dos nacionalistas aposta por introducir descontos nas cotas das instalacións municipais para os parados e a xente con menos recursos. “Queremos facer que a práctica do deporte estea ao alcance de todos e todas” indicou o número dous do BNG.

Os nacionalistas tamén contemplan no seu programa de goberno a construción dun skatepark cuberto. Isto é un compromiso da organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, co colectivo local de patinadores que o BNG ten levado varias veces ao Pleno no mandato que remata.

O BNG achegará a práctica deportiva a todos os barrios