O BNG-AA preocúpase de novo polo problemas de circulación no Malecón

Esquema sobre unha ortofoto que presenta parte da sinalización que propoñemos
O BNG-AA preocúpase de novo polo problemas de circulación no Malecón

Esquema sobre unha ortofoto que presenta parte da sinalización que propoñemos

“Trátase dunha obra mínima: pintar flechas que dirixan o sentido do tránsito nas interseccións do paseo do Malecón coas rúas adxacentes.”

Betanzos, 1 de novembro de 2015. A instancias da veciñanza da Ribeira, o BNG-Asembleas Abertas levou de novo ao Pleno os problemas de circulación no Malecón. O responsábel local do BNG-AA, Carlos Dias, manifesta que as queixas da veciñanza da Ribeira continúan. Nos últimos días, varios veciños avisaban do caos circulatorio na zona do Malecón, e denunciaban a falta de pintura no firme, causa de moita confusión no tráfico. Tal confusión, apunta Dias, “é perigosa, porque son numerosos os casos de vehículos que circulan en sentido contrario”, co risco que supón para condutores/as e viandantes”.

As nacionalistas explican que as actuacións requiren unha cantidade de cartos realmente modesta: cada metro cadrado de pintura reflectante para marcas viais custa algo máis de 6 euros e cada sinal reflectante vale arredor de 200 euros. “Son prezos fixados nos proxectos de obra que o propio goberno local ten levado ao Pleno”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río. “Serían 18 ou 24 euros da pintura e 1200 euros dos sinais, aproximadamente”, resume.

“Estamos falando de seis rúas que dan ao paseo do Malecón. Por tanto, trataríase de pintar seis frechas e colocar seis sinais”, explica o concelleiro nacionalista. “Mesmo algúns dos sinais verticais pode ir colocado nas farolas do Malecón, cun custo aínda menor”, engade. Desde o BNG explican que, ademais, o Concello ten o persoal para facer este traballo directamente, polo que non entenden a demora en executalo.

“Non entendemos que non se teña solucionado o problema”, lamenta Dias. “Xa houbo mesmo algún accidente e nin con esas o goberno local fixo algo tan simple como pintar catro frechas na estrada, sinceramente non sabemos a que agardan”, relata e conclúe “dubidamos que se trate dun problema de orzamento, máis ben de vontade por parte do concelleiro”.

Desde o BNG recordan que xa levaron esta cuestión ao Pleno tres veces, e que o goberno local sempre prometeu melloras na seguridade viaria da zona.

O BNG-AA preocúpase de novo polo problemas de circulación no Malecón