Apoiamos aos traballadores de EMESA diante do anuncio do ERE de extinción

Apoiamos aos traballadores de EMESA diante do anuncio do ERE de extinción

Betanzos, 4 de decembro de 2019. O BNG amosou a súa solidariedade co cadro de persoal de EMESA diante do anuncio de concurso de acreedores e ERE de extinción anunciado pola compañía ao seu persoal. As nacionalistas lamentan que a empresa leve varios meses sen abonar as nóminas ao persoal e critican a “incerteza” coa que EMESA obriga ao cadro de persoal a vivir desde hai meses.

As nacionalistas lembran que EMESA ven arrastrando esta situación de “incerteza e interinidade inducida” desde 2011 e inciden en que a situación de EMESA afectará tamén a todas as plantas auxiliares e empresas que prestan servizos á factoría ubicada no polígono de Coirós. “Esta situación agravará o desemprego na cidade de Betanzos, onde residen unha parte importante dos traballadores de EMESA, e tamén en toda a comarca das Mariñas”, advertiu o portavoz do BNG en Betanzos, Henrique del Río.

Estamos ante un episodio máis da crise industrial que atravesa Galiza mentres a Xunta e o Estado miran para outro lado”, advertiu o nacionalista. “Para garantir postos de traballo na industria do metal Galiza precisa unha tarifa eléctrica galega”, abundou.

O BNG reclamana no Congreso con urxencia o Estatuto da Industria Electrointensiva

Néstor Rego, deputado do BNG nas Cortes, presentou esta mesma mañá no Rexistro do Congreso unha pregunta escrita dirixida ao Goberno repecto a nova poxa de interrompibilidade que foi publicada no BOE o 3 de decembro do 2019 e que empeora as condicións para a industria electrointensiva.

Ao mesmo tempo o BNG reclama que se aprobe con urxencia un Estatuto da Industria Electrointensiva que estableza unha tarifa estábel e económicamente asumíbel que permita a competitividade industrial e o mantemento dos postos de traballo.

Non se pode chegar a comprender como sendo Galiza un país produtor excedentario de enerxía eléctrica, os fogares galegos teñan que pagar a factura máis cara do Estado español e teñamos máis de 5.000 posto de traballo en risco de se perder.” afirma o deputado do BNG Néstor Rego.

Apoiamos aos traballadores de EMESA diante do anuncio do ERE de extinción