Alegamos á resolución pola que se incoa o expediente para declarar BIC o Pasatempo para pedir maior proteción

Visita do BNG ao Pasatempo coa asociación de Amigos do Pasatempo
Visita do BNG ao Pasatempo coa asociación de Amigos do Pasatempo

As alegacións céntranse en garantir a conservación do Parque pedindo que se avalíe a posibilidade de desviar o tráfico da estrada provincial C-542 -actual avenida Fraga Iribarne-, que divide o actual parque do Pasatempo en dous.

Dende o BNG piden tamén que se extraiga a pasarela metálica de acceso ao parque dende a zona nova e a escaleira metálica, pola súa afección aos elementos orixinais do Parque.

O BNG recolleu tamén nas súas alegacións que a declaración BIC recolla parte do ben patrimonial como parte do muro orixinal do Parque que se encontra entre o Polideportivo e a Piscina.

Alegamos á resolución pola que se incoa o expediente para declarar BIC o Pasatempo para pedir maior proteción

As alegacións céntranse en garantir a conservación do Parque pedindo que se avalíe a posibilidade de desviar o tráfico da estrada provincial C-542 -actual avenida Fraga Iribarne-, que divide o actual parque do Pasatempo en dous.

Dende o BNG piden tamén que se extraiga a pasarela metálica de acceso ao parque dende a zona nova e a escaleira metálica, pola súa afección aos elementos orixinais do Parque.

O BNG recolleu tamén nas súas alegacións que a declaración BIC recolla parte do ben patrimonial como parte do muro orixinal do Parque que se encontra entre o Polideportivo e a Piscina.

Betanzos, 18 de abril de 2018. O BNG presentou hoxe as súas alegacións á resolución Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa o expediente para declarar ben de interese cultural o Parque do Pasatempo de Betanzos.

As alegacións céntranse en garantir a conservación do Parque pedindo que se avalíe a posibilidade de desviar o tráfico da estrada provincial C-542 -actual avenida Fraga Iribarne-, que divide o actual parque do Pasatempo en dous. “Toda vez que o derrubo parcial veu demostrar que o que se crían muros macizos de formigón son en realidade acopio de cachotería e cascallo mesturado con terra.  As vibracións ocasionadas por este denso tráfico comprometen a estabilidade do conxunto”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “A vía é actualmente de titularidade municipal, logo de que a transferise o goberno galego ao Concello de Betanzos tras as obras de reacondicionamento executadas na primeira década deste século”, engadiu.

“Derivar a estrada permitiría eliminar as afeccións ao Parque do Pasatempo no tocante ás vibracións, recuperar o acceso orixinal a esta parte do vello e realizar traballos de prospección arqueolóxica e mantemento no espazo que actualmente ocupa a franxa da dita estrada que cruza os terreos da orixinal Horta de Don Juan. Esta actuación resulta, pois, de cara ao obxectivo de protexer o ben”, engadiu o nacionalista.

Dende o BNG piden tamén nas alegacións a eliminación da pasarela metálica que descansa sobre “uns piares ubicados nas inmediacións da beiravía no lado do novo parque e directamente sobre o muro orixinal do parque do Pasatempo no acceso á parcela leste, dando saída e descansando directamente o acceso peonil na soleira que conforma a cuberta da denominada ‘Gruta da Recoleta’. As paredes desta gruta evidencian o peso e as vibracións soportadas, con numerosas fendas doadamente visíbeis sobre o relevo da xirafa, ubicado á dereita do espectador que mira cara a dita gruta”, engadiu del Río, na liña que o BNG ven defendendo no Pleno nos últimos debates sobre investir parte do POS en amañar esta estrutura metálica.

Na mesma liña piden eliminar a escaleira metálica instalada integramente sobre o muro orixinal do recinto, cuxa saída está nas proximidades do denominado ‘Estanque da Gruta’ na zona onde se produciu o derrubamento parcial anteriormente sinalado. “Se ben conta con piares de carga na beiravía da estrada, non é menos certo que aporta unha carga adicional de peso á pasarela e muro xa citados, afeando o conxunto por supoñer unha pantalla paralela ao propio parque que non aporta ningunha solución de accesibilidade e si afeccións ao conxunto”, indicou o portavoz do BNG.

Engadir a delimitación o muro orixinal

O BNG recolleu tamén nas súas alegacións que a declaración BIC recolla parte do ben patrimonial como parte do muro orixinal do Parque que se encontra entre o Polideportivo e a Piscina. “O único tramo do muro orixinal do parque que se conserva na súa ubicación orixinal, nas proximidades da Fonte das Catro Estacións, entre os edificios actuais do pavillón e a piscina municipais, que en orixe fixo de basamento á verxa de fundición actualmente emprazada no bergondés Pazo de Armuño. Este elemento debera incluírse tamén na delimitación do propio BIC por ser elemento orixinal e de cara a garantir a súa conservación e permitir a investigación en torno ás técnicas, materiais e solucións construtivas adoptadas no seu momento”, explican os nacionalistas nas súas alegacións.