Advertimos no Pleno de varios bloques de granito do muro do peirao que están soltos

Peirao co cachote caído e a canteiría solta
Peirao co cachote caído e a canteiría solta

O BNG volveu insistir no Pleno na falta de conservación dos peiraos do Mandeo. As nacionalistas tamén insistiron en varias ocasións en que se melloren os puntos de atraque nos peiraos

Advertimos no Pleno de varios bloques de granito do muro do peirao que están soltos

O BNG volveu insistir no Pleno na falta de conservación dos peiraos do Mandeo. As nacionalistas tamén insistiron en varias ocasións en que se melloren os puntos de atraque nos peiraos

Betanzos, 7 de setembro de 2018. O BNG volveu insistir no Pleno na falta de conservación dos peiraos do Mandeo. "No paseo de Antolín Faraldo hai varios bloques de granito de grandes dimensións dos muros do peirao soltos" explicou o voceiro do BNG, Henrique del Río. Isto, engadiu, supón "unha ameaza para a seguridade tanto dos viandantes como dos usuarios dos peiraos"

Non é a primeira vez que o BNG chama a atención sobre esta situación, senón que ten demandado nos últimos anos ao executivo local que se dirixira á Demarcación de Costas, Augas de Galiza e os restantes organismos competentes para acometer os distintos traballos de reparación e mantemento que os peiraos que rodean a cidade precisan, mellorando a seguridade tanto para peóns como para usuarios de embarcacións.

"Non sabemos a que están a agardar", lamenta Del Río. "É unha actuación mínima, un investimento modesto que pode previr desgrazas", indica. "Que caia un bloque de granito de medio metro a varios metros de altura pode rebentar unha embarcación ou matar a unha persoa, e prevese cuns anclaxes sinxelos", relata.

O BNG demanda que se melloren os puntos de atraque

As nacionalistas tamén insistiron en varias ocasións en que se melloren os puntos de atraque nos peiraos. "Fixéronse sen pensar no servizo que teñen que dar ás embarcacións, só pensando neles como paseos marítimos", explica Del Río. Neste sentido, desde o BNG botan en falta "máis aros de amarre e máis escadas para ordenar mellor o atraque e evitar que cada persoa teña que botar man do que teña por casa para poñer unha escada no peirao". Opinan que así "ademais de dar mellor servizo, mellora moito a imaxe do peirao".

Advertimos no Pleno de varios bloques de granito do muro do peirao que están soltos