Advertimos no pleno do mal estado de limpeza e mantemento que presenta o Campo dos Caneiros

Taboleiros informativos arrincados nos Caneiros
Taboleiros informativos arrincados nos Caneiros

Suxiren ao goberno municipal que coloque novos paneis poñendo en valor toda esta diversidade e o valor cultural tanto da romaría como do centenario campo da festa, e que efectúe o mantemento e limpeza adecuados

desde o BNG demandan tamén que Concello e Portos se poñan de acordo para retirar as embarcacións abandonadas nos peiraos e na propia bacía dos ríos, para que non supoñan un perigo para navegantes nin para o medio.

Advertimos no pleno do mal estado de limpeza e mantemento que presenta o Campo dos Caneiros

Suxiren ao goberno municipal que coloque novos paneis poñendo en valor toda esta diversidade e o valor cultural tanto da romaría como do centenario campo da festa, e que efectúe o mantemento e limpeza adecuados

desde o BNG demandan tamén que Concello e Portos se poñan de acordo para retirar as embarcacións abandonadas nos peiraos e na propia bacía dos ríos, para que non supoñan un perigo para navegantes nin para o medio.

Betanzos, 6 de xuño de 2018. O BNG advertiu no pleno do deterioro que presenta o Campo dos Caneiros, cun “estado de limpeza e mantemento lamentábel con paneis informativos rotos e tirados no chan, contedores do lixo cheos e mesmo con bolsas por fora, diferentes elementos de plástico tirados polo chan, vasos e latas baleiras tiradas e todo tipo de restos sen recoller”, a dicir do voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“Agora que se achega o bo tempo o campo dos caneiros é unha zona de lecer frecuentada pola veciñanza de Betanzos e tendo en conta que é propiedade do concello pensamos que é imprescindíbel que se lle faga un mantemento adecuado” indicou, demandando medidas urxentes para limpalo e repoñer os paneis informativos.

Desde o BNG demandan ao executivo local que as actuacións a acometer respecten “o espazo natural de grande valor no que se enclava o campo dos Caneiros” e os valores ecolóxicos da bacía do Mandeo. Neste sentido, suxiren ao goberno municipal que coloque novos paneis poñendo en valor toda esta diversidade e o valor cultural tanto da romaría como do centenario campo da festa.

Amaño e limpeza dos peiraos

O pasado mes, as nacionalistas xa demandaron que o goberno local acometa unha limpeza e posta a punto dos peiraos que rodean o bordo fluvial da cidade. “Acercase o bo tempo e os peiraos presentan unha evidente falta de coidado e atención, con broza, pedras soltas, falta de escadas que nos teñen trasladado diferentes usuarios dos peiraos e propietarios de embarcacións” detallou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

As nacionalistas recordaron que nos últimos anos presentaron varias iniciativas no Pleno sobre estas cuestións, sen que estas actuacións fosen incluídas en ningún plan de obras do goberno local. “”Co verán hai un uso maior dos peiraos e é preocupante as numerosas eivas que presentan as escadas e puntos de amarre dos distintos peiraos”” explica Del Río. “Non só non se atenderon, senón que cada vez suman máis anos co conseguinte perigo para quen utilice as escadas” advirte.

As nacionalistas suxiren ao goberno local que se dirixa con urxencia á Demarcación de Costas, os entes Portos e Augas de Galiza e os restantes organismos competentes para acometer os distintos traballos de reparación e mantemento que o perímetro marítimo-fluvial de Betanzos precisa. “A veciñanza demanda que se limpen todos os peiraos para facilitar o seu uso e que se melloren e ordenen os puntos de atraque”, indica Del Río.

Neste sentido, desde o BNG demandan tamén que Concello e Portos se poñan de acordo para retirar as embarcacións abandonadas nos peiraos e na propia bacía dos ríos, para que non supoñan un perigo para navegantes nin para o medio.