PEDIMOS QUE SE POÑA EN VALOR PARA QUE O INVESTIMENTO EN REHABILITALA “REVIRTA NO AVANCE DO SEU ENTORNO”.

Advertimos no Pleno do deterioro da torre municipal

Detalle das fendas na torre municipal
Detalle das fendas na torre municipal

Advirten de fendas e ferruxe avanzada na cimeira e demanda “atallar o deterioro”.

Advertimos no Pleno do deterioro da torre municipal

Advirten de fendas e ferruxe avanzada na cimeira e demanda “atallar o deterioro”.

As nacionalistas piden poñela en valor para que o investimento en rehabilitala “revirta no avance do seu entorno”.

Betanzos, 1 de outubro de 2019. O BNG advertiu no Pleno do deterioro avanzado que presenta a torre municipal. O voceiro nacionalista, Henrique del Río, explicou que a torre do reloxo ten “varias fendas nos seus muros”.

Del Río recordou que “hai anos, en 2010, colocáranse uns testemuños para comprobar o seu estado, acusando fendas ben visíbeis desde o nivel do chan mesmo nos propios testemuños”. As nacionalistas recordan que o gobernó local anunciara, naquela altura, unha intervención, coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta “que nunca chegou”.

“De feito, a última actuación realizada na torre municipal é a que fixo a Concellaría de Casco Histórico cando a dirixía o BNG, hai una década, para iluminar artísticamente o campanario e reparar varios desperfectos na estrutura de ferro que o coroa”, lembran.

Por este motivo, as nacionalistas demandaron un programa de actuacións concretas “para atallar o deterioro” desde edificio do século XVI de titularidade municipal. Do mesmo xeito, desde o BNG urxiron ao gobernó local a solucionar as deficiencias e o “estado de corrosión e ferruxe avanzado” da estrutura de ferro que culmina a torre.

“O patrimonio é o proxecto de futuro para un concello como Betanzos” explica Del Río. “É o que nos fai diferentes e ten que ser a locomotora que ten que tirar do desenvolvemento social e económico de Betanzos” engade. Por este motivo, demandan tamén a posta en valor da torre, para que “revirta no avance do seu entorno”.