Advertimos que as obras do POS+ na praza do Paio Formoso supoñerán a tala dun cedro de grandes dimensións

O cedro na praza do Paio Formoso
O cedro na praza do Paio Formoso

Pedimos no pleno que o executivo reconsiderase o proxecto de obra e a "incecesaria" tala desta árbore de porte considerable.

"Cremos que Betanzos non vai sobrada precisamente de árbores singulares e cremos que aporta máis a Betanzos un cedro coma este que un oco máis para meter un coche"

Advertimos que as obras do POS+ na praza do Paio Formoso supoñerán a tala dun cedro de grandes dimensións

Betanzos, 19 de xullo de 2018. O BNG denunciou que as obras do POS+ na praza do Paio Formoso supoñerán a tala dun cedro de grandes dimensións. "Nada temos que obxectar á renovación de canalizacións de servizos prevista, pero si vemos con preocupación, ao igual que algunhas veciñas da zona, a tala dun cedro de grande porte que hai na praza e que, ademais de vida, a fai singular" explica o edil nacionalista, Henrique del Río.

Pedimos no pleno que o executivo reconsiderase o proxecto de obra e a "incecesaria" tala desta árbore de porte considerable.

Segundo informan desde o BNG, o proxecto "prevé sacrificar esta árbore para crear un par de prazas de estacionamento e plantar outra especie sen ese porte e singularidade noutro lugar da praza". Neste sentido, o BNG pediu no pleno que o executivo reconsiderase o proxecto de obra e a "incecesaria" tala desta árbore de porte considerable.

"Cremos que Betanzos non vai sobrada precisamente de árbores singulares e cremos que aporta máis a Betanzos un cedro coma este que un oco máis para meter un coche", explica Del Río. " Non lles sorprende que Betanzos, tendo o patrimonio que ten, non teña unha soa árbore senlleira" interpelou ao executivo local no debate.

"Cremos que Betanzos non vai sobrada precisamente de árbores singulares e cremos que aporta máis a Betanzos un cedro coma este que un oco máis para meter un coche"

"Pódese facer un modificado do proxecto e replantear o acabado da praza salvando a árbore", explica. "É unha cuestión de vontade, salvar ou non unha árbore de grande porte que non hai por que eliminar", engade o voceiro do BNG. "E non é un debate de 'granel', de dicir sacamos ese cedro e metemos dous pés doutra especie doutro punto, senón de entender que as árbores son parte do patrimonio da cidade e que por non pararse un segundo estamos botando abaixo o patrimonio", explica.