500 apoios no primeiro día da recollida de sinaturas contra a gasolineira

O portavoz nacionalista recordou que a decisión última sobre a concesión da licenza é do goberno do PSOE.

500 apoios no primeiro día da recollida de sinaturas contra a gasolineira

O portavoz nacionalista recordou que a decisión última sobre a concesión da licenza é do goberno do PSOE.

Betanzos, 16 de outubro de 2011. O BNG recolleu hoxe na feira preto de 500 apoios ás alegacións en contra da gasolineira a carón do CEIP Vales Villamarín. O portavoz do BNG explicou:  “Desde o BNG pensamos que á veciñanza non lle preocupan os cruces de acusacións sobre intereses ocultos entre o PSOE e o PP, senón que queren información clara sobre este tema e o compromiso firme de todos os grupos políticos de que non concederán a licenza para construir unha gasolinera a 50 m escasos do colexio”.

Henrique del Rio: “Hoxe percibimos nos veciños e veciñas unha grande preocupación pola seguridade dos seus fillos e fillas”. En resposta ás declaración do alcalde e da portavoz do PP, Del Río insistiu: “Congratulamonos de que impere o sentido común e de que todas as forzas políticas con representación no concello de Betanzos estemos de acordo neste tema”.

O portavoz nacionalista recordou que a decisión última sobre a concesión da licenza é do goberno municipal: “ Por suposto que o goberno está obligado a darlle tramite e a pedir os informes pertinentes, tanto aos técnicos municipais como á Consellería de Medio Ambiente, pero estos informes en caso de que foran positivos non son vinculantes, a decisión última é do goberno do PSOE”.

Recollida dixital de sinaturas

Ademais de asinar de xeito presencial, as alegacións tamén se poden apoiar asinando virtualmente. Podes facelo premendo neste enlace.

500 apoios no primeiro día da recollida de sinaturas contra a gasolineira